Gran éxito para o I Campus de Verán “Atletismo Fontes do Sar”.

Participantes no I Campus de Verán "Atletismo Fontes do Sar"  2016.

Participantes no I Campus de Verán “Atletismo Fontes do Sar” 2016.

 

Xa rematou a semana na que tivemos a honra de celebrar o I Campus de Verán “Atletismo Fontes do Sar” organizado polo noso Club para achegar aos máis pequenos a actividade que desempeñamos e facelos partícipes levando a cabo a práctica das distintas modalidades do atletismo, rematando coa entrega dun pequeno obsequio e dun diploma que acredita a súa participación.

 

Entrega dos Diplomas.

Entrega dos Diplomas.

 

Para non perder detalle do desenvolvemento desta actividade, como sempre, fun testemuña a pé de pista detrás do obxectivo da miña cámara, para así achegarvos algúns momentos desas xornadas e o ben que o pasaron…

 

 

 

…e a verdade, como membro deste Club dende fai xa uns cantos anos, non deixades de sorprender, cada ano con iniciativas novas que colman ó “Club Atletismo Fontes do Sar” de éxitos dos que é moi merecedor, e non podía ser menos, se nos detemos a mirar a gran labor que hai detrás tanto por parte da Directiva, que sempre traballa arreo, respaldados por un magnífico cadro de adestradores …

 

 

… que, ademais de ser persoal cualificado e aportar a súa experiencia, viven por e para o deporte, sendo cada un deles atletas deste Club no que todos fusionámonos para ser un só: o “Club Atletismo Fontes do Sar” baixo o lema “ Un club, una escuela, un equipo, una familia” que nos caracteriza.

 

Só esperamos, que con esta actividade lográramos espertar a ilusión de futuros novos atletas.

Animádevos e Unirvos a nós nesta nova tempada que vai dar comezo o vindeiro luns. ESPERÁMOSVOS!!!

Para máis información Click aquí.