Excelente actuación de NERE e CARLITOS no Campionato Galego de Pista A.L.

Volvemos ás competicións de plena tempada, concretamente a Pista A.L.

Despois duns meses de duro traballo e intensos entrenos, participando en diversa probas e controis de marcas loitando por una mínima e melloras nas marcas persoais, chegou o momento, para aqueles atletas da nosa Escola que conseguiron meterse no Campionato Galego de Pista A.L e de loitar por un título.

CAMPIONATO DE GALICIA CADETE PISTA A.L.

Campionato Galego Individual que se disputou o pasado sábado 4 de Xuño nas Pistas do Estadio Municipal de A Malata, en Ferrol.

Ata alí desprazouse NERE acompañada polo seu adestrador Luis e arroupada por familiares disposta a dalo todo e facerse un oco no pódium nas dúas probas que ía defender; e así foi, traendo para casa dous metáis, procramándose, un ano máis:

Subcampiona Galega con Medalla de Prata no 300 ml

Nombre Semifinal MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 300 ml 42.45 2 44.22 3
Nombre Final MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 300 ml 42.45 2 42.96 2

Subcampiona Galega con Medalla de Bronce no 100 ml

Nombre Semifinal MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 100 ml 12.84 1 12.95 3
Nombre Final MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
NERE 100 ml 12.84 3 12.89 3

A súa boa actuación e traxectoria deportiva ó longo da tempada, non pasou desapercibida.

No Campionato estivo presente O Seleccionador da Federación Galega de Atletismo que non perdeu detalle da competición ó longo de toda a xornada para de aí seleccionar, entre outros,  a NERE para representar a Galicia no Campionato de España Cadete por Seleccións Autonómicas a celebrar en Cartagena (Murcia) a vindeira fin de semana do 18 e 19 de xuño nas probas de Relevos de 4×100 e Relevos de 4×300.

 

Para completar a fin de samana …

CAMPIONATO DE GALICIA XUVENIL, JUNIOR E PROMESA EN PISTA A.L.

Campionato Galego Individual que se disputou o pasado domingo 5 de Xuño nas Pistas do Estadio Municipal de Balaídos, en Vigo.

 

Ata alí viaxou CARLITOS co seu adestrador Luis disposto a loitar nas dúas probas que ía disputar e intentar acadar esa marca mínima, que xa case ten, para poder ir o Campionato de España. Non foi posible pero seguirá intentándoo, pero a súa participación tamén foi notable, mellorando os seus rexistros e establecendo un novo Récord do Club.

Nombre Semifinal MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARLITOS 100 ml 12.20 5 12.25 11
Nombre Final MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARLITOS 400 ml 57.20 1 55.03 6 MMP RC

 

 

EXCELENTE ACTUACIÓN A DOS DOUS ATLETAS DO FONTES DO SAR NESTE CAMPIONATO.

¡¡NORABOA RAPECES!!