Equipo Alevín Feminino, CAMPIONAS GALEGAS por Equipos.

 

 

 

O EQUIPO ALEVÍN FEMININO coronou o máis alto do pódium tras conseguir o 1ºPosto no Campionato Galego de Clubes que se disputou o domingo 22 de Maio nas Pistas Universitarias de Elviña – A Coruña.

O equipo, composto por Carmen, Ainoa G., Valentina, Sofí D., Cande, Lía, Ana R., Noe e Candela C.R., cumpliu o seu soño despois dunha moi disputada competición quedando primeiras de 14 Equipos presentados da súa categoría, sumando un total de 88 Puntos.

Resultados acadados nas súas actuacións :

Nombre Prueba MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP Rec. Club
CARMEN 60 ml 9.16 1 9.12 1 MMP
AINOA G. 1000 ml 3.53.26 7 3.49.50 7 MMP
CARMEN Altura 1.19 2 1.24 2 MMP RC
SOFÍ D. Lonxitude 3.87 3 3.77 3
VALENTINA Peso 2Kg 6.05 6 6.26 6 MMP RC
SOFÍ D. Xabalina 5 12.24 5 MMP
LÍA 2000 m Marcha 12.25.7- 2 12.43.36 2
EQUIPO Relevos 4×60 3 39.52 6

Congregáronse preto de 1500 rapaces das categorías Benxamín, Alevín e Infantil que mostraron as súas habilidades en distintas modalidades disputadas ó longo de toda a xornada (xornada de mañá para Benxamíns e Alevíns, e xornada de tarde para Infantís).

Cinco dos nosos Equipos Escolares foron clasificados e chegaron a esta final. Ademáis do Equipo Alevín Feminino, contamos coa participación doutros Equipos (Benxamín Masculino, Benxamín Feminino, Alevín Masculino e Infantil Masculino) que tamén acadaron moi bos resultados e demostraron, seguindo as pautas dos seus adestradores Diego, Luis, Santi e Simón, todo o aprendido nesta tempada e o importante que é traballar en Equipo.

Só nos queda felicitar a todos pola súa participación, en especial a ese Equipo de Campionas.

¡¡NORABOA!! 

 

 

(Información máis detallada e táboas de resultados dos demáis Equipos  en vindeiras noticias).