Unímonos a “KILÓMETROS PARA RECORDAR”

O pasado xoves 21 de Abril recibimos nas Instalación do Estadio de San Lázaro unha visita moi especial dos Mayores da Residencia de San Lázaro, xuntanza que serviu para amosar que o deporte pode ser un vínculo de unión entre as distintas xeracións, convertendo, deste xeito, unha tarde de entreno nunha xornada de intercambio onde nenos e maiores compartiron distintas experiencias.

 

 

Pero non quedou nunha mera visita, nin nunha simple tarde de boa compaña; con este encontro quixemos dar comezo a unha causa tan importante como a de sumarnos ó reto solidario “Kilómetros para recordar – 2ª Edición” impulsado pola Fundación SARquavitae. A  iniciativa consiste en recadar kilómetros que se convertirán en euros para doalos á investigación contra o Alzheimer, pondo como reto conseguir acadar  50.000 kms.

(a participación é totalmente gratuita, e por cada km que se ande ou corra a Fundación SARquaviatae doará 0,40 €).

Dende a SantYaGo10K colaboraremos este ano con este proxecto e queremos animar a todo-los participantes a que tamén o fagan. Só tedes que aportar os vosos kilómetros de adestramento e os 10 kilómetros da noite do 21 de maio.

Do mesmo xeito podemos facer cada un de nós, porque se hai algo que nos sobra ós atletas, son as gañas de facer kilómetros, e non importa o xeito, póde ser correndo ou a modo de andaina, o caso e ir sumando. Dende o Club Atletismo Fontes do Sar, invitamosvos a que vos sumedes a esta iniciativa

ANIMÁDEVOS!!   UNÍDEVOS A NÓS E APORTEMOS KILÓMETROS TODOS XUNTOS!! 

 

(A doazón levarase a cabo o día 21 de Setembro coincidindo co Día Mundial do Alzheimer).

 

Facendo click  AQUÍ  podedes saber máis sobre esta iniciativa e como colaborar.