Unha de Trails …

9ª ANDAINA ”BISBARRA DO SAR” CONCELLOS DE PADRÓN E ROIS. 

9ª Andaina Bisbarra do Sar, é a primeira proba da tempada da Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo, organizada pola Asociación Colectivo Remonte, Concello de Padrón e Concello de Rois e incluída no calendario das probas de “50 Quilómetros” en Galicia.

Celebrouse o pasado 9 de Abril onde os participantes se reuniron en línea de saída en torno ás 9:00 da maña na Praza de Macías de Padrón, dende onde arrancou a proba que contou con dúas modalidades: Andaina (andando) ou ultratrail (correndo).

 

As Terras de Iria e o río Sar acolleron un percorrido que transcurriu por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e chan asfaltado para poder disfrutar, sen presas, dunhas paisaxes  inéditas. Tal foi o caso de tres dos nosos atletas : Daniel, Alfonso e Piware acompañados por outro atleta do F.C.Noitebra, José Mallo.

 

Os participantes que completaron o percorrido camiñando, recibiron un Diploma de Participación, no que figura o número de km feitos e tiñán dereito tamén a un Diploma Acreditativo valedoiro para a “Copa Galega de Andainas 2016”….

 

 

Pero o mellor de todo, ese  xantar cun bo prato de callos que invitou aos nosos andaríns a sentarse ó redor dunha mesa ….

 

 

 

I DUATHLÓN “ELEUTERIO BALAYO” CONCELLO DE MUROS.  

Evento que homenaxeou á figura de Eleuterio Balayo, unha persoa que sempre mostrou o seu compromiso e a súa colaboración co deporte municipal.

En Muros tocaba alternar bici e zapatillas. Así, a Costa da Morte acolleu o pasado 16 de Abril, esta proba combinada onde os participantes iniciaban a competición con 5 kilómetros de carreira a pé, que resultaron ser una loita para situarse e dar paso aos 20 kilómetros en bicicleta marcados polo vento hasta Louro, para rematar de novo en carreira con 2,5 kilómetros.

Desenrolouse nun circuito totalmente urbano transcurrindo pola vila de Muros permitindo, deste xeito, que un numeroso público se dera cita nas inmediacións do porto muradán e non deixara de animar aos participantes pese que as condicións climatolóxicas non eran moi favorables.

Ata alí desprazouse Mario R. onde acadou

Nombre Pto Dorsal T.Oficial T.Neto
MARIO R. 59 94 01:12.31 01:12.29

 

7-4Picos

PONTEVEDRA 4 PICOS BIKE & TRAIL.  

A empresa deportiva Globaldxt Pontevedra S.L, en colaboración co Concello de Pontevedra, organizou a pasada fin de semana do sábado 16 e domingo 17 a  II Prueba “ PONTEVEDRA 4 PICOS BIKE&TRAIL – DESAFÍO RÍAS BAIXAS”, proba non competitiva que concibe este deporte como un reto persoal, ofrecendo múltiples opcións para non deixar a ninguén fora deste evento deportivo.

Na súa modalidade de Trail Individual, atopamos a Pumi que tomou saída ás 10:30 horas na zona do Palacio de Congresos, en Pontevedra, para correr por sendeiros do terceiro pico completando unha distancia de 33km cun tempo de 3h36.36, acadando unha 17ª praza.

Nombre Pto Dorsal T.Oficial
PUMI 17 82 03:36.36

 

MINI TRAIL CD BELUSO-BUEU. 

A Cultural Deportiva Beluso, coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes do Concello de Bueu e o Clube Corredoiras, organizou o domingo  día 24 de Abril o “I Mini Trail Cultural Deportiva Beluso”, evento co cal pretendían celebrar o 40º Aniversario do Club, e, dado o resultado, foi todo un éxito.

 

Foi unha carreira de 12 kilómetros, na que os nosos atletas tomaban a saída ás 11:00 no Campo de Fútbol de Laxes, e que transcurriu por camiños de terra polo entorno da zona de Cabo Udrado atravesando lugares tan emblemáticos como as praias de Tuia e Mourisca ou o antigo campo de fútbol do Beluso.

O bo tempo foi un dos protagonistas que permitiu disfrutar da xornada …

 

e dun bo xantar …

Nombre Pto Dorsal T.Oficial Ritmo
GONTÁN 10 137 51.23 4.16
PIWARE 135 36 01:09.56 5.49
MONTSE 212 84 01:21.24 6.47
ALEJANDRA 214 34 01:21.27 6.47
BEGO 221 31 01:23.50 6.59
ANA VIGO 233 72 01:27.47 7.18
MARYSOL 234 138 01:27.48 7.19
MARY 238 40 01:28.40 7.23
PUERTO 239 132 01:28.42 7.23
J.CAO 240 131 01:28.43 7.23

 

II TRAIL PENÍNSULA DO GROVE (BTTRAIL). 

O Clube Deportivo Ría de Arousa do Grove e a Concelleria de Deportes do Concello de O Grove organizaron o pasado día 24 de abril a “BTTRAIL Península Do Grove”. Tratouse dunha proba deportiva de carácter solidario coa Asociación Fenilcetonúrica y OTM de Galicia (ASFEGA) que contou con dúas carreiras, unha carreira Trail e outra BTT con saída e chegada na zona do Porto Meloxo (O Grove).

A proba de trail, de aproximadamente 21 km, achegounos aos lugares naturais máis importantes  e emblemáticos do Grove: os montes de O Grove (Monte Siradella), varios espacios de importancia natural (Lagoa da Bodeira, Con Negro, Dunas da Lanzada) y diferentes praias da zona, como Areas de Pipas, Praia Mexilloeira, Area Grande, Praia do Carreiro, Area da Cruz o Praia de Raeiros, en definitiva, transitando por diversidade de terreos (camiños, rochas, praia…)

Para disfrutar dunhas paraxes sen igual, ata alí desprazáronse :

Nombre Pto Dorsal T.Oficial Ritmo
MARIO R. 16 142 01:54.03 5.26
LINO 73 138 02:12.38 6.19

 

 

VII TRAVESÍA DO XALO.  

A Asociación Castelo Deporte organizou, opasado 24 de Abril, en colaboración co Concello de Culleredo, a TRAVESÍA DO XALO, á súa sétima edición cun percorrido duro cargado de obstáculo polo Monte Xalo, pero espectacular e cheo de emocións fortes.

Atopamos todo esto a modo dunha carreira de 21 km, unha andaina de 10 km (non competitiva) e carreiras para os máis pequenos.

Un paseo suave polo Xalo, rodeado de natureza, para coñecer monte …  Do noso Clube decantouse por esta modalidade  o pequeño benxamín Xabi acompañado pola súa nai nesta aventura rematando a proba encabezando a Andaina.

 

E como os máis pequenos veñen pisando forte, gañan un oco neste tipo de eventos,  neste caso  con carreiras  diferentes en función da súa idade, como foi o caso de  Martín B. que acadou un segundo posto na súa categoría tras completar unha distancia de 1000 m.

 

A SEGUIR DISFRUTANDO DA AVENTURA DOS TRAILS!!