Semana Santa entre Carreiras.

Tras unha breve pausa, procedemos a actualizar a información retomando, pola nosa parte, o pracer de mantelos ó día con todo aquilo que ocorre en relación co atletismo e o noso Clube.

Algunhas desas citas xa quedaron algo atrás, pero terémolas en conta de tódolos xeitos.

Remontámonos á Semana Santa, que a pesares de ser datas festivas de carácter relixioso (para moitos vacacións), sempre atopamos un bó momento para calzar as zapatillas ben sexa para saír a rodar un anaco como para participar nas diversas citas que atopamos no calendario.

Para celebrar o día de San Xosé, nada menos que …

XXVI CARREIRA PEDESTRE DE SAN XOSÉ-AS PONTES.

Carreira organizada polo Concello e o Club Olympo que se disputou o pasado 20 de Marzo e cun fin solidario destinando íntegramente a recadación á Asociación de Loita contra o Cancro Infantil “O Sorriso de Álex”.

Ofreceron probas para tódalas categorías facendo partícipes da causa a atletas de tódalas idades.

Do noso Clube desprazouse ata alí Toni, marcándose así un dobre obxectivo, o de completar os 6500 metros da súa proba e o de aportar o seu graniño de area.

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto

Pto Cat.

TONI

250 197 Sen-M 6500 m 39.58 6.09 39.22

102

 

 

Dunha proba de Ruta, pasamos aos Trails, modalidade que no noso clube cada vez gaña máis adeptos …

 

TRAIL GALAICA CONCELLO DE SAN SANXENXO.

Trail Galaica é un circuito de Carreiras de Montaña que se realiza nos montes de Galicia, potenciando diversos entornos naturais.

O pasado domingo 20 de Marzo disputouse no concello de Sanxenxo a segunda proba deste circuito que chegou a reunir un total de 238 corredores que tiveron que completar un percorrido de 18 Km  de distancia pasando pola Ruta dos Muiños da zona de Bordóns e Dorrón, nun circuito que presentaba un desnivel positivo de 532 m e un desnivel acumulado de 950 m.

Entre eles os nosos correcamiños …

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
J. GONTÁN 25 257 Vet2-M 17,8 KM 01:09.47 4.37 01:09.14

8

XURXO

107 355 Vet1-M 17,8 KM 01:23.37 5.32 01.22.57 30
RUBÉN 152 80 Vet2-M 17,8 KM 01:29.52 5.54 01:28.24

48

CECI

147 Sen-F 17,8 KM
LUIS FEIJOO 354 Vet1-M 17,8 KM

 

Completarán o circuito de carreiras, cadanseu coa súa proba, os seguintes Concellos:

  • 8 de Maio TRAIL GALAICA A POBRA
  • 29 de Maio TRAIL GALAICA MUROS
  • 26 de Xuño TRAIL GALAICA BOBORÁS
  • 24 de Xullo TRAIL GALAICA NOIA
  • 11 de Setembro TRAIL GALAICA SOBER – RIBEIRA SACRA
  • 16 de Outubro TRAIL GALAICA A BAÑA

 

 

Seguimos na modalidade de Trails, pero nesta ocasión en máns de Mario R. que se encargou de levar a nosa Camiseta Viaxeira máis alá das nosas fronteiras para seguir disfrutando das alturas …

CARREIRA ALTO SIL.

Tivo lugar o 20 de Marzo tomando saída un total de 450 participantes en torno ás 9:00 horas na praza da vila de Santa Cruz del Sil , no Municipio de Páramo de Sil (León), para encarar unha durísima proba cunha distancia aproximada de 32 Km, na Sierra de Gistredo que acumula un desnivel positivo e negativo duns 3.800 metros.

 

 

Percorrido que deparou algunha que outra sorpresa incluíndo barro, ríos, pedras e algunhas subidas de vertixe que ofreceron fermosas vistas de paraxes nevadas, envoltas a súa vez pola misteriosa névoa; sen dúbida todo un reto que o noso atleta soubo afrontar a pesares da choiva e do frío que fixeron acto de presenza engadindo un plus á dureza da proba.

 

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
MARIO R. 142 132 Abs-M 32Km 04:06.23

135

 

 

 

Poucos días despois veíamolo tamén en …

TRAIL NOCTURNO TERRAS DO LIDADOR-MAIA (PORTUGAL).

A Confraria Trotamontes, co apoio do Municipio da Maia, realizou no dia do 25 de Marzo en torno ás 20h30, o ”Trail Terras do Lidador by Night – Encontro de Estrelas”.

O evento estaba constituído por  dúas probas, un Trail con 20 km de distancia e un Mini Trail con 12 km que percorreron camiños do Concello da Maia.

Ámba-las dúas probas son puntuables para o Circuito Confraria Trotamontes 2016 formado por cinco carreiras que se iniciou con este Trail.

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial
MARIO R. 11 336 Sen-M 12Km

1:26.46

 

 

Deixando un pouco os Trails de lado, imoslles dar un pouco de protagonismo tamén ás probas de Ruta que, coa chegada do bo tempo,van aparecendo nas axendas dos runners …

XII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA 2016.

Alí puidemos ver a Cristina disputando esta carreira que xa é todo un clásico de Semana Santa, sendo a única que se corre o Venres Santo en toda a xeografía española.

A proba constaba dun traxecto de 9km que se desenvolveu en dous tramos ben diferenciados, un primeiro tramo para disfrutar correndo que transcurriu polo paseo do rio Quiroga e rio Sil, e un segundo tramo que pasaba pola rúa principal do Val de Quiroga, por donde os atletas podían sentir o calor e ánimos dos quirogueses e visitantes que ateigan a vila o día da súa festa máis importante.

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
CRISTINA 231 132 VetA-F 9Km 57.13 6.22 56.59

12

(Máis detalles  e vídeo de entrada en Meta pinchando sobre o nome)

Tamén houbo carreiras de menores nas que de seguro participou a pequena Zoe completando a súa proba cun percorrido de 500 m e das que carecemos de resultados.

 

 

Un clásico xa nestas datas é a …

 

XXXVII CARREIRA POPULAR PASCUA DE PADRÓN.

A Concellería de Deportes de Padrón organizou o pasado sábado 26 de Marzo a 37 Edición da súa Carreira Popular de Pascua, que contou nesta ocasión coa participación dun atleta de luxo, nada menos que Reyes Estévez.

As distintas probas desmereceron moito polo frío e a choiva que fixeron acto de presenza o longo de toda a xornada.

A carreira absoluta, que transcurriu por varios concellos da comarca para completar case 13,5 km, destacou  polo seu traxecto variado. Ata alí foron tres atletas do noso Clube:

 

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
CORRECAMINOS 36 229 Abs-M 13,3Km 50.18 3.47

19

MON

56 293 Abs-M 13,3Km 51.30 3.52 30
DIEGO 221 61 Abs-M 13,3Km 01:02.50 4.43

40

 

Tamén contamos cunha pequena representación nas categorías menores:

 

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba

Pto Cat.

IAGO P.

3 416 Xuv-M 3,5Km 2
XIANA 10 479 Inf-F 2Km

1

AINOA G.

22 503 Alev-F 2Km 3
LÍA 27 517 Alev-F 2Km

5

MARTÍN B.

28 487 Alev-M 2Km 8
KATIA  – Prebj-F 0,45Km

1

 

 

que aproveitaron a  ilustre presenza de Reyes Estevez para sacar algunha que outra foto …

 

 

 

V CARREIRA VIKINGA – CARNOTA.

O Concello de Carnota acolleu en Semana Santa unha nova edición da mostra de promoción local Víndemo Ver, incluindo no programa a “V Carreira Viquinga” e a “BTT”, dúas probas que  encheron de deporte a vila vikinga ó longo deses días festivos  ofrecendo ó visitante unha programación variada conxugando música, deporte, turismo, artesanía e gastronomía.

A Carreira Vikinga xa é un Trail clásico neste Concello. Disputouse o domingo 27 de marzo en torno ás 10:30 h. reunindo aos amantes do deporte de montaña que completarían os 18km da proba absoluta, que a última hora sufriu modificacións e pasaron a ser 19,6km, transcurrindo pola Senda Verde, atopando ao seu paso tramos complicados, cortafogos, fontes naturais, …, gozando deste xeito das paraxes naturais.

Dous atletas do Clube decidiron participar tendo que pasar algúnha que outra subida dura e complicada, sendo os 16 primeiros km de subida case constante para despois rematar cunhas baixadas moi pronunciadas.

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
DANI 54 64 Abs-M 18Km 02:17.37 7.39

48

MARCE

55 81 Abs-M 18Km 02:17.38 7.39

49

 

 

 

IV CARRERA POPULAR TORRE DE HÉRCULES. TROFEO JOSÉ ANTONIO VARELA CALVIÑO.

Celebrouse o pasado sábado 2 de Abril nun máxico ambiente nocturno, baixo a la luz do faro romano máis antigo en funcionamento, símbolo da cidade herculina.

Trátase da terceira proba puntuable do Circuito de Carreiras Populares “Coruña Corre”. A carreira absoluta dou comezo ás nove da noite ós pés da Torre de Hércules, tendo que percorrer os atletas 6.590 metros polo paseo marítimo, entre eles o noso corredor Toni que disputou esta proba nunha contorna sen igual iluminado polo faro milenario.

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
TONI 801 61 Vet1-M 6,59Km 39.36 6.01 39.04

160

(Máis detalles  e vídeo de entrada en Meta pinchando sobre o nome)

 

 

PORTOSÍN T-RETA 8k.

Carreira celebrada o pasado 2 de Abril e que foi posposta polas inclemencias meteorolóxicas que se sufriron o día 27 de Febreiro e que obrigaron a cancelar a súa celebración. Esta incluída no Circuito de Carreiras Populares do Concello, organizada pola Agrupación Deportiva Porto do Son e o Concello de Porto do Son.

A carreira popular “RUNNING FEST” transcurriu pola zona portuaria. Contou con carreiras e distancias para tódalas categorías cun trazado totalmente urbano.

Ata alí desprazáronse:

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
CORRECAMINOS 5 356 Vet1-M 8Km 28.05 3.31

4

JAVI

13 331 Vet1-M 8Km 29.14 3.42 6
J.VALIÑO 42 237 Vet1-M 8Km 34.18 4.17

15

 

Rematamos do mesmo xeito que comezamos, cun Trail …

TRAIL DE CASTRO BARBUDO – RIANXO. 

Última proba do Arousa-Revolutrion Trail Series disputada o pasado  3 de Abril

O Trail de Castro Barbudo desenrolouse en Rianxo, percorrendo 13 km cun desnivel + de 490 m por sendeiros de montes e bosques desta terra chea de lendas.

Con saída no polideportivo de Taragoña, os nosos aventureiros tiveron que afrontar diversos entornos. Comezaron por adentrarse nun bosque de acacias ata emerxerse en Castro Barbudo. A continuación transitaron por Ourille encarando cortalumes abruptos con desniveis de vértixe que os levaron ata o Monte da Cruz, que sería o punto máis alto do percorrido.

Tomando o camino de volta, baixararon por cortalumes de fortes pendentes, atravesaron o bosque de acacias que rodea Castro Barbudo ata volver ao punto de partida.

Toda una aventura, sen dúbida, que os nosos Montañeiros aventureiros non quixeron peder :

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial

Ritmo

MARIO R.

22 352 Sen-M 13Km 01:12.30 5.35
J. BRANDÓN 27 217 Vet-M 13Km 01:13.03

5.38

JUANATEY

41 289 Sen-M 13Km 01:16.13 5.52
LUIS 76 250 Sen-M 13Km 01:24.06

6.29

SAÍNZA

87 325 Sen-M 13Km 01:25.48 6.37
RUBÉN 108 247 Sen-M 13Km 01:29.04

6.52

MARCE

114 347 Sen-M 13Km 01:29.49 6.55
BEA AMADO 122 205 Sen-F 13Km 01:31.07

7.01

F. J. PAZOS

128 326 Vet-M 13Km 01:32.40 7.08
DANIEL 131 39 Sen-M 13Km 01:32.59

7.10

J. VALIÑO

132 377 Sen-M 13Km 01:33.08 7.10
ESTRE 171 310 Sen-F 13Km 01:43.23

7.58

PIWARE

177 337 Sen-M 13Km 01:45.45 8.09
ENMA 192 381 Vet-F 13Km 01:51.01

8.33

ALFONSO

197 209 Sen-M 13Km 01:54.48 8.50
MARYSOL 198 286 Vet-F 13Km 01:54.48

8.50

SILVIA

199 213 Sen-F 13Km 01:55.09 8.52
BEGO 200 21 Sen-F 13Km 01:55.29

8.54

MONTSE

201 382 Vet-F 13Km 01:55.29 8.54
SONIA 203 341 Sen-F 13Km 01:55.39

8.54

CRISTINA

204 293 Vet-F 13Km 01:55.40 8.54
SUEVIA 205 295 Sen-F 13Km 01:59.38

9.13

XAVI

206 292 Sen-M 13Km 01:59.39 9.13
ALEX 210 214 Sen-F 13Km 02:03.55

9.32

BETI

211 379 Vet-F 13Km 02:03.55 9.32
MARY 212 340 Vet-F 13Km 02:05.53

9.42

ISA

214 339 Vet-F 13Km 02:08.46 9.55
PAULA 215 335 Vet-F 13Km 02:11.40

10.08

MODES

216 271 Vet-M 13Km 02:13.39 10.17
ELENA 217 207 Vet-F 13Km 02:13.39

10.17

 

 

 

 

 

E para a quen lle guste disfrutar da natureza dun modo maís pousado como é o caso destas atletas veteranas …

ANDAINA SENDERISMO POLOS CAMIÑOS DO DUBRA.

A pesares de que o tempo non acompañou moito, sempre hai un bó momento para disfrutar das nosas paraxes; Elena, Mary e J.Brandón demostráronnolo nesta peculiar andaina polos sendeiros que se esconden no interior do Dubra.

 

¡¡NORABOA A TOD@S!!