Un oco para a Ruta.

Deixando un pouco os Trails a un lado, ímoslles dedicar tamén un pouco de tempo a aqueles que se decantan pola Ruta, que aínda que non sexan as competicións máis abundantes nestes intres, algunha sempre hai …

25321122490_5cd06557c3_o

IV MEDIA MARATÓN DE O CARBALLIÑO.

O pasado domingo 6 de Marzo  disputouse de forma simultánea no concello de Carballiño a “IV Media Maratón do Carballiño” e a “I Carreira Corta de 7 Km”.

En torno ás 10:30h, con saida na Avenida Balneario, atopábamos a Neme disputando a Media Maratón dando tres voltas a un circuito ata completar os 21,097 km da proba, pasando por distintos enclaves da vila, como son o Parque Municipal e o Parque de Leiro.

 

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
NEME 4 90 VetA-M 21,097 km 01:17.47

1

 

V CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS. III CIRCUITO “CORRENDO POLA COSTA DA MORTE”.

Camariñas inaugurou, o pasado domingo 13 de Marzo en xornada matinal, baixo a organización do Concello, o V circuito de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, que consta de dez probas, batendo o récord de participación con máis de 600 atletas nas diferentes categorías.

Esta edición brillou con luz propia tendo a saída da proba absoluta dende o Faro Vilán, conmemorando deste xeito o seu 120 aniversario. A continuación, os atletas encamiñaban cara a vila camariñense para completar os 10 kilómetros pasando dúas veces por un circuito que transcurría polas súas rúas, onde os corredores atopaban no seu camiño a moitos afeccionados que premiaban o seu paso. Tal foi o caso de …

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto

Pto Cat.

AMOBLA

40 811 M-40 9800 m 37.48 3.52 37.45 12

JUAN J.TAJES

84 16 M-40 9800 m 41.25 4.14 41.13

26

MAC

215 15 M-50 9800 m 49.48 5.05 49.40

23

(Máis detalles  e video de entrada en Meta pinchando sobre o nome)

Tamén contamos cunha pequeña representación da nosa Escola …

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
NOÉ 7 2203 Alev-M 1300 m 5.28 4.13

5

  • A próxima cita do circuito será o vindeiro 24 de Abril no Concello de Vimianzo.

 

 

X ANIVERSARIO “INTERRUNNING CONCELLO DE PORRIÑO 2016”.

Cita que reuniu, o pasado domingo 13 de Marzo a partires das 10.30 horas, a preto de 2.000 participantes en O Porriño nun día de sol acompañado dunha agradable temperatura.

A proba disputouse nun circuito totalmente urbano  recorrendo o Concello.

Os participantes da carreira absoluta completaron un percorrido de dez kilómetros nun circuito homologado pola Federación Española de Atletismo, considerado un dos máis rápidos de Galicia.

Ata alí desprazáronse …

    

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto

Pto Cat.

TERESA

360 107 Sen-F 10000 m 41.53 4.12 41.44 7
DANIEL 367 106 Sen-M 10000 m 42.04 4.13 41.55

97

(Máis detalles  e video de entrada en Meta pinchando sobre o nome)

 

UNDERRUNNING – SONRISA MÉDICA 2016.

Sen esquencernos de ninguén aínda que a súa morada estea algo lonxe de nós, imos cerrar esta noticia cunha mención especial ao noso compañeiro Moure, que no seu día a día atopa un oco para levar a nosa Camiseta Viaxeira a una das carreiras máis extravagantes que poidamos imaxinar como a de correr baixo terra, sí, dixen ben, baixo terra como foi a que se disputou o pasado 13 de Marzo nas Illas Baleares.

Carreira de 10Km que trascurriu por dentro das vías do Metro de Palma e pola zona exterior da Universitat de les Illes Balears, partindo dende a estación de Metro de Son Costa- Son Fortesa, onde os corredores se desplazaban polo túnel do metro ata chegar á estación de metro da Universidade (8 kilómetros) e, dende alí, tiñan que cruzar por un paso de peóns subterráneo ata chegar a un circuito de terra de 2 kilómetros para finalizar no Campus Esport. Un tanto raro.

Foi unha carreira solidaria e non competitiva, onde todo o recadado iba íntegramente destinado á Asociación Sonrisa Médica.

Nombre

Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
MOURE 152 M-90 10000 m 45.32

12

 

¡¡NORABOA A TOD@S!!