NERE leva ó Fontes do Sar ó Nacional de Pista Cuberta.

 

Un grandioso 10º posto para Nere no seu primeiro Campionato de España Cadete Pista Cuberta.

Quen puso a guinda para rematar a tempada de Pista Cuberta por todo o alto foi Nere coa súa participación no Campionato de España Cadete que se celebrou a pasada fin de semana no Pazo Municipal dos Deportes de Oviedo (Asturias), o seu primeiro Campionato de este calibre.

Ata alí levou a nosa Camiseta Viaxeira acompañada polo adestrador Luis e familiares, puidendo gozar deste evento que se desenvolveu ó longo das dúas xornadas (sábado 12 e domingo 13 de Marzo).

Foi notable a súa participación ó conseguir a segunda posición da súa serie na fase eliminatoria cun tempo de 8.02  rebaixando así a súa MMP e sendo o 6º meior tempo de 48 rapazas que se presentaron ás clasificatorias, e conseguindo deste xeito o seu pase á Semifinal que se disputou na seguinte xornada.

Con saída nunha segunda serie moi disputada e loitando ata o último metro, cruzou a meta cun tempo de 8.09, a nada de entrar na Final; non obstante logrou o 10º posto do Campionato, que non está nada mal tendo en conta o alto nivel que houbo.

Facendo eco das verbas do noso técnico Luis, “Un posto que non fai que mostrar a ilusión, traballo e humildade ca que viñemos. Queremos que esto non sexa máis que o principio da participación do Fontes do Sar nos Campionatos de España e os que veñen por abaixo poidan vivir esta experiencia. Facendo referencia a que as marcas, medallas e títulos consíguense na aprendizaxe dos valores do deporte no día a día, nos adestramentos”.

Para facervos tamén partícipes da experiencia vivida no Campionato, achegámosvos …

 

Unha fermosa experiencia onde houbo lugar para todo tipo de emocións …

    … moitos nervios,

…concentración,                                       

… risas,

… e novas amizades.

 

E para completar a viaxe, e porque “Non Todo é Correr”, unha visita aos lugares máis emblemáticos da cidade ovetense …

 

 

Nombre

Prueba Categ. MM Ant. Pto.Serie Marca Pto. Cat. MMP

Rec. Club

NERE

Clasific. 60 ml Cad-F 8.04 2 8.02 6 MMP

RC

NERE

SemiF. 60ml Cad-F 8.02 4 8.09 10

 

Moi orgullosos e satisfeitos de haber chegado ata aquí, con un bo sabor de boca e con gañas para loitar polo próximo Campionato de España de Pista Aire Libre.

 

¡¡NORABOA NERE!!