Unha fin de semana entre Campionatos Galegos.

Pódese dicir que no noso Clube hai verdadeira paixón por este deporte,  pois as inclemencias do tempo que azoutou a  pasada fin de semana toda a nosa xeografía, non foi quen de botar atrás aos nosos atletas. Non houbo proba que non estivese acompañada polo vento, pola choiva, auga neve, saraiba e moito, moito frío.

Pero como di o refrán “ó mal tempo boa cara”, e así o fixeron tanto grandes coma pequenos  facendolle fronte a tódalas adversidades, sobre todo disfrutando e que dicir dos logros obtidos, e senon vexan ….

 

CAMPIONATO DE GALICIA DE CAMPO A TRAVÉS POR RELEVOS MIXTO.

O pasado sábado 13 disputouse, en xornada de mañá e a modo de estrea, o Campionato de Galicia de Campo a Través por Relevos Mixto para as categorías menores (de Benxamín a Xuvenil) en Ribadavia.

Do noso Clube participaron dous equipos, un Alevín e outro Infantil, compostos como norma do regulamento, por catro atletas, dous homes e dúas mulleres situados de forma alterna, correndo cada un unha distancia de 1500 m ata completar os 6000 m que lles correspondía a amba-las dúas categorías.

Os Equipos estaban formados por:

Alevíns:  Marco, Sofi D., Mateo C. e Carmen

Infantís:  Pablo, Ángela, Xurxo R. e Xiana

Quedando o equipo dos Alevíns, Subcampións de Galicia desta nova modalidade cun tempo de 22.52

e o equipo dos Infantís, na sexta posición cun tempo de 22.42

 

 

 

CAMPIONATO DE GALICIA DE MARCHA EN RUTA.

Tamén disputado o pasado sábado pola tarde na vila barbancesa da Pobra do Caramiñal.

Ata alí desprazouse unha das mellores marchosas do noso Clube, Lía, para participar no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, conseguindo tamén una segunda posición na súa categoría de Alevín despois de completar un percorrido de 2000 m nun tempo de 12.07, proclamándose, deste xeito, Subcampiona galega e establecendo así un novo Récor do Clube (RC).

 

 

¡¡NORABOA A TOD@S CAMPIÓNS!!