Outras actuacións do Fontes do Sar nas pasadas fins de semana.

Aínda que xa pasaron algúns días, non podíamos deixar no tinteiro a Nova da participación dun dos nosos atletas na …

CARREIRA POPULAR BENÉFICA DE REIS – BARREIROS.

Tal foi o caso de Pumi que, o pasado domingo 3 de Xaneiro, se desprazou ata esta localidade para tomar parte desta carreira xunto con outros 52 corredores nunha edición benéfica a prol de UNICEF, completando un percorrido de 12km nun circuito que combinou pistas asfaltadas e camiños de terra compacta.

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Pto Cat.
PUMI 35 125 Sen-M 12000 m 1:00.33

12

 

Pero centrándonos nas competicións propias desta tempada como son o Cross e o Trail, atopamos a Mario R.(Por) coma peixe na auga …

XVI CROSS POPULAR DO CONCELLO DE BOBORÁS (OURENSE).

Foi ata Boborás o pasado domingo 17 de Xaneiro, onde disputou, nunha fría xornada de mañá, o XVI Cross Popular Concello de Boborás sobre unha distancia de 7,4 km que  discurriu por monte e sendeiros, conseguindo o seguinte resultado :

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
MARIO R.(POR) 59 309 Sen2-M 7400 m 32.32 4.24 32.31

23

(Máis detalles  e video de chegada a Meta pinchando sobre o nome)

III TRAIL DE CELA – BUEU.

E unha semana despois, vémolo en Bueu disputando este Trail, organizado polo Club Atletismo Corredoiras xunto coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes e o Club Triatlón Morrazo, facéndolle fronte a uns 25km duros e moi esixentes que transcurrían por un circuito enlamado formado por carreiros, regatos e carballeiras. Toda unha aventura para os amantes desta disciplina (carreira de Montaña).

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
MARIO R.(POR) 23 103 Abs-M 25000 m 2:13.17 11.25 km/h

22

 

Outro atleta que se deleita tamén con ese tipo de probas é Pumi, pero desta vez decantouse pola ruta …

 

XIII MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN – RÁBADE.

Carreira organizada polo Concello de Rábade e disputada o pasado sábado 23 de Xaneiro,  na que o noso atleta tivo que completar una distancia de 7 Km que transcurriu polas rúas do pobo na honra do atleta máis distinguido da vila, Eduardo Fernández Villamarín, que conta cun amplo historial deportivo ademáis de ser un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
PUMI 116 39 D-M 7000 m 28.32 4.05 28.08

33

(Máis detalles  e video de chegada a Meta pinchando sobre o nome)

 

Pero se hai algo que corre, é o tempo.

Coas festas do Nadal recén rematadas, xa estamos ás portas do Entroido, festas que en Galicia van ligadas a un bo cocido, filloas, ourellas, … , transportándonos todo elo ata Lalín, terra de boa sona en canto a estes manxares se refire e que lle dedica unha data no calendario cunha festa gastronómica e de paso, por qué non a un pouco de deporte ?

VI CARREIRA DO COCIDO – LALÍN.

Sen dúbida, a mellor carreira pedestre de inverno en Galicia convertíndose no referente das carreiras dos meses máis fríos do ano combinado cun bo Cocido.

Transcurriu polo centro da vila.

Organizada pola Escola de Atletismo Deza en colaboración co Concello, contando con probas para tódalas categorías e na que contamos cunha pequena representación en todas elas :

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
SARA 32 801 Benx-F 800 m 3.33 4.25 3.32

8

ZOE

48 767 Benx-F 800 m 4.01 4.59 4.00 15
NOÉ 10 708 Alev-M 800 m 2.53 3.35 2.52

8

XIANA

11 622 Inf-F 1800 m 6.15 3.22 6.04 4
ÁNGELA 21 647 Inf-F 1800 m 6.54 3.44 6.43

8

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.
CHARLY 163 385 VetA-M 10000 m 44.48 4.28

44.41

76

BEA AMADO

242 515 Sen-F 10000 m 47.20 4.42 47.00 2
ESTRE 373 540 Sen-F 10000 m 54.01 5.22

53.39

11

MONTSE

430 190 VetB-M 10000 m 58.49 5.50 58.27 6
CRISTINA 456 256 VetA-M 10000 m 1:01.32 6.07

1:01.10

26

 

Outro atleta do Fontes do Sar que se lanzou a percorrer unha longa distancia, non só coas zapatillas nos pés, foi Pablo, que acompañado da nosa Camiseta Viaxeira despegou rumbo a Gran Canaria …

MEDIA MARATÓN DE “HOSPITALES SAN ROQUE GRAN CANARIA MARATÓN”.

Disputada o domingo 24 de Xaneiro na súa sétima edición, recorrendo os lugares máis emblemáticos da cidade así como as famosas playas das Canteras e das Alcaravaneras.

Ademáis da media maratón celebrouse en paralelo unha maratón e una carreira de 10km, todo elo homologado pola RFEA.

Os atletas puideron percorrer unha grande variedade de paisaxes acompañados dun microclima característico da zona: un sol que picaba no medio dun ceo despexado, con temperaturas que oscilaban entre os 24 e 26 graos suavizadas polo vento, pero o noso atleta soubo facerlle frente :

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo T.Neto Pto Cat.

PABLO

852 2277 Vet40-M 21,097 km 01:45.38 4.67 01:44.55

195

(Máis detalles pinchando sobre o nome)

¡¡NORABOA A TOD@S!!