O bo tempo permitiu ós Montañeiros do Fontes do Sar gozar da natureza.

Dada a gran afección que está a ter esta modalidade, o Club Atletismo Fontes do Sar abriu unha nova sección dedicada á Montaña e que cada vez reune a máis adeptos.

Será porque en Galicia se hai algo do que sí podemos presumir, é dunha gran variedade de paisaxes dentro do noso perfil xeográfico que permite á práctica deste deporte que está en pleno auxe e de disfrutar de todo o que nos ofrece.

Deste xeito os nosos Montañeiros Aventureiros atrevéronse con ….

 

jpg (2)

TRAIL DE SAN ISIDRO. AROUSA-REVOLUTRION TRAIL SERIES 2016.

O Trail de San Isidro é a segunda proba do circuito Arousa-Revolutrion Trail Series 2016 organizado por Arousa Natureza e Ocio. Disputouse o pasado domingo 21 de Febreiro no concello coruñés de A Pobra do Caramiñal.

Proba que contou cun traxecto de 13 km de distancia con 520 metros de desnivel positivo e 1040 metros de desnivel acumulado; un trazado de puro trail, con dúas partes bastante diferenciadas, un primeiro tramo, casi chan e o segundo con camiños máis abruptos.

Desenvolveuse nun entorno espectacular, cheo de sendas e camiños perdidos, de ríos (río Pedras) e de regatos que non evitaron algunha que outra molladura. Permitiu descubrir pontes e capelas ocultas no medio de frondosas vexetacións e as altas crestas, posibilitaron disfrutar dunha fermosa paisaxe da Ría de Arousa e contemplar o Val de San Isidro.

As seguintes probas que completan estén Circuito son :

  • Boiro – Trail de Bealo (6 de Marzo)  14 km. (445 m. desnivel+)
  • Rianxo – Trail de Castro Barbudo (3 de Abril)  13 km. (490 m. desnivel+)

 

Resumo do día:

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo
PUMI 45 318 Sen-M 13km 01:25.03

6.33

ALFONSO

55 211 Sen-M 13km 01:26.45 6.41
JUAN BALADO 112 240 Mixto 13km 01:32.16

7.06

BEA AMADO

150 207 Sen-F 13km 01:37.29 7.30
POLO 160 320 Sen-M 13km 01:38.09

7.34

DANIEL

177 39 Sen-M 13km 01:43.03 7.56
MARCE 178 326 Sen-M 13km 01:43.03

7.56

PIWARE

189 315 Sen-M 13km 01:46.31 8.12
ESTRE 199 300 Sen-F 13km 01:50.57

8.33

ALEJANDRA

206 359 Mixto 13km 01:55.24 8.53
MABEL 208 298 Vet-F 13km 01:55.40

8.54

BEGO

212 21 Sen-F 13km 01:58.14

9.06

 

 

TRAIL DA FRANQUEIRA. TROFÉU ‘’BRAVERY SERIES’’ (2ª edição). 

Dentro do circuito Bravery Series organizado pola Associaçao Cultural Desportiva e da NaturezaExperienciar, e que se desenvolveu en Pedra Furada, no concello de Barcelos en Portugal.

O pasado domingo 21 de Febreiro disputouse a 1ª Etapa do Trofeo que discurriu por União das Freguesias de Chorente, Góios, Courel, Pedra Furada e Gueral.

Mario R. fixo presenza, portando a nosa Camiseta Viaxeira, no Trail Curto de 15km que transcurriu por zonas dos bosques próximos, con baixadas e subidas, sendo espectacular a subida a través dun largo tramo de rampas ata a ermida de Nossa Senhora da Franqueira, igrexa situada no alto da montaña.

As outras dúas probas que completan o Trofeo son:

  • Trail Expedição Ao S. Gonçalo (3 de Jullo) en Feitos, Barcelos transcurrindo por União das Freguesias de Vila Cova e Feitos;
  • Trail Da Guarita (9 de Outubro) en Vila Cova, Barcelos transcurrindo por União das Freguesias de Vila Cova e Feitos;

Cada una das 3 probas está constituída por 3 modalidades distintas: Trail Longo de 25kms, Trail Curto de 15kms e Andaina de 10kms.

Resultados obtidos :

Nombre

Pto Dorsal Categ. Prueba T.Oficial Ritmo Pto Cat.
MARIO R. 26 1652 Sen-M 15km 01:41.20 6.18

19

 

 

¡¡ÁNIMO MONTAÑEIR@S!! ¡¡A POLAS OUTRAS DÚAS E MÁIS!!