A nosa Camiseta Viaxeira por Terras Manchegas.

TROFEO NACIONAL E CAMPIONATO REXIONAL DE MARCHA NO CAMPO DE CRIPTANA (CIUDAD REAL).

A nosa Camiseta Viaxeira segue de aventureira, pero desta vez dentro das nosas fronteiras e en máns da nosa pequena gran marchosa Lía.

Desprazáronse, ata terras manchegas para disputar o pasado sábado día 16 de Xaneiro o Trofeo Nacional de Marcha  “Villa de los Molinos” de Campo Criptana (Cidade Real), ademáis da nosa representante, un nutrido grupo de marchadores integrados en distintos clubs (Escola de Marcha da Diputación de Pontevedra, Atletismo Cuntis, Escola de Caldas, Vila de Cangas, Comesaña, Friol, Beade, Sekulebedarra Kirol Club, Celta, Lucus, Altletismo Santiago, Millaraio, Compañia de Maria de Santiago, e Ria Ferrol) representando a nosa Comunidade.  Acompañounos o técnico cuntiense José A. Pardal.

As distintas probas desenroláronse, a partires das 15:30 horas, nun circuito urbano homologado pola Real Federación Española de Atletismo, nas que os atletas galegos tiveron una gran actuación como o demostra os trece ouros, oito pratas e dous bronces que trouxeron para casa. Tal foi o caso de Lía, cun merecidísimo 3º posto na categoría Alevín Feminina cun tempo de 13.03 min.  despois de completar 2 km nun circuito de dúas voltas.

¡¡NORABOA CAMPIONA!!

 

Pero había que aproveita-la viaxe. A Sierra de los Molinos de Campo de Criptana atopábase en plena celebración do IV Centenario do Quixote, e xa alí, ademáis de visitar os lugares simbólicos da zona acompañados dunhas personaxes emblemáticas da nosa literatura (nada máis e nada menos que Don Quixote e Sancho Panza) …

 

non podían deixar pasar a proba que se disputaba ó día seguinte …

XXXIII CROSS REGIONAL TROFEO “VILLA DE LOS MOLINOS”.

O domingo 17 de Xaneiro,  celebrouse unha das probas deportivas máis emblemáticas de Castilla-La Mancha, o Cross Villa de los Molinos, sendo ésta a súa trixésimo terceira edición.

Organizada polo Ayuntamiento de Campo de Criptana, coa colaboración do Club Atletismo Criptana, la Federación Castellano-Manchega de Atletismo e a Diputación Provincial.

Participaron Iago P. completando un percorrido de 5.500 m , Lía e Cande con 1.000 m.

 

¡¡BEN FEITO RAPACES!!