II Trofeo de Atletismo Fontes do Sar

Sábado 15 de Marzo de 2014

Trofeo “II Trofeo Atletismo Fontes do Sar”

No Estadio Universitario de Santiago de Compostela

Adicado especialmente ás categorías menores, pero con algunha proba para todalas categorías. Control Federado de Marcas.

Unha vez, pechada a inscrición, a participación ascende a 550 atletas de tódalas idades. Hai probas moi multitudinarias, onde os Xuices do Comite Galego, terán un traballo extra. Como exemplo, citar os 59 atletas participantes no 3000ml masculino. Estará moi reñido.

Magnífico día, participación máxima (55o participantes), probas escolares moi concurridas (ata 7 series nos 50 benxamín homes), as lonxitudes completas e o 3000ml espectacular (58 atletas). O final o Xuíz Arbitro decidiu dividilas en dúas series (1º serie inf.cad.xuv.jun.prom e 2º serie absoluta) quedando como gañador NEMEsio López do Atl. Fontes do Sar, cun tempo de 9.06.13.

Participaron os máis pequeniños, os prebenxamíns, nuns reñidos 50ml e uns magnificos 300ml. Destacar tamén a excelente participación dos papás e as mamás que demostraron o traballo realizado o longo do curso na escola de pais, e así realizaron un 4×100 relevos entre os equipos do Fontes do Sar e o Millaraio.

La gran familia

Como colofón, entregaronse os premios do Trofeo, dotados con 200,125 e 75€, en material deportivo, doados por Centro Deportivo Santiago, os clubs en categorias escolares que foron puntuando o longo da mañán, quedando 

  • 1º clasificado: Agrupación de Atletismo e Deportes do Barbanza (AAD Barbanza)
  • 2º clasificado: Atletismo Millaraio
  • 3º clasificado: Atletismo Fontes do Sar

Entrega de premios

Grazas a tod@s pola vosa participación.  Grazas a Delegación Local de Atletismo da FGA e o seu Comité de Xuíces. Grazas o Excmo. Concello de Santiago de C. e a Universidade. Grazas os nosos patrocinadores sin os cales nos poderiamos realizar toda a nosa vida atlética durante todo o ano.